Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:
Solicitante: Hidroeléctrica de Silleda, S.L.
Domicilio social: avda. do Parque n.º 11, 36540 Silleda.
Denominación: L.M.T.S., C.T. Vilanova a L.M.T.A. Calzada, Margaride.
Situación: Silleda.
Características técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV con condutor R.H.Z. de 1.000 metros de lonxitude, con orixe no centro de transformación Vilanova e final no apoio proxectado C3000/18 na L.M.T. aérea Calzada en Margaride, Silleda.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, edificio administrativo avda. Fernández Ladreda 43, 5.º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.
Pontevedra, 14 de marzo de 2012.
Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra