Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Xoves, 19 de abril de 2012 Páx. 14281

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 9 de abril de 2012, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se dá publicidade á parte dispositiva da sentenza número 234/2011, do 2 de marzo de 2011, da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Visto pola Sección Primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia o recurso contencioso-administrativo número 505/2008, interposto por María Inmaculada de Jesús Torres Murciano Cortel de la Fuen del Olmo contra a Orde do 31 de xaneiro de 2008, da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se outorgan nomeamentos a rexistradoras e rexistradores da propiedade, mercantís e de bens mobles para os rexistros vacantes que se citan e, en particular, contra o nomeamento de Santiago Blasco Lorenzo para o Rexistro Mercantil de Santiago de Compostela, ditouse a sentenza número 234/2011, do 2 de marzo, declarada firme, pola que se estima o dito recurso.

Polo tanto, de conformidade co disposto nos artigos 72, 104 e seguintes da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e co fin de levar a efecto a dita sentenza, esta dirección xeral resolve dar publicidade á súa parte dispositiva, que a seguir se transcribe:

«Estimar o recurso contencioso-administrativo interposto por María Inmaculada de Jesús Torres Murciano Cortel de la Fuen del Olmo contra a Orde do 31 de xaneiro de 2008, ditada polo conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no particular relativo ao outorgamento da praza do Rexistro Mercantil de Santiago de Compostela a Santiago Blasco Lorenzo.

Declarar a desconformidade a dereito do acto impugnado, coa conseguinte anulación.

Non se impoñen as custas».

Santiago de Compostela, 9 de abril de 2012.

Juan José Martín Álvarez
Director xeral de Xustiza