Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Mércores, 18 de abril de 2012 Páx. 14102

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pedrafita do Cebreiro

ANUNCIO de información pública relativo a rehabilitación e reforma de instalacións agrícolas.

Olga Santín Núñez solicitou nesta alcaldía licenza municipal urbanística de obra maior consistente na rehabilitación e reforma de instalacións agrícolas existentes nas Teixoeiras, Pedrafita do Cebreiro.

Cumprindo o disposto no artigo 8.3 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a evaluación de incidencia ambiental, sómetese a información pública polo período de vinte días hábiles, mediante anuncio no BOP de Lugo, no DOG e no taboleiro de edictos do concello, para que os interesados poidan examinar o expediente na Secretaría do concello das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres e, de ser o caso, formular os reparos ou observacións que consideren oportunos.

Este anuncio servirá de notificación ao abeiro do artigo 59.5 da Lei 30/1992, a todos aqueles que sexan descoñecidos ou cando se ignore o seu paradoiro, ou ben cando, intentada ésta, non se puidese practicar.

Pedrafita do Cebreiro, 23 de marzo de 2012.

José Luis Raposo Magdalena
Alcalde