Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Mércores, 18 de abril de 2012 Páx. 14101

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Moaña

ANUNCIO de información pública sobre solicitude de licenza de apertura de bazar (expediente 25/12).

O Concello de Moaña, ao abeiro do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, de avaliación de incidencia ambiental, tramita información pública por un período de 20 días; para tal efecto insire o presente anuncio no Diario Oficial de Galicia e Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, taboleiro de anuncios do concello e notificación persoal aos veciños interesados e titulares de dereitos inmediatos á localización da actividade, para os efectos de alegacións que se consideren como oportunas.

Expediente de obras: 25/12.

Peticionario: Gran Bazar Qiu, S.L., representada por Yigui Qiu. Asunto: adaptación de local asociado a unha actividade clasificada destinada a apertura de bazar. Situación: r/ As Barxas, s/n, Moaña.

Moaña, 11 de abril de 2012.

José Fervenza Costas
Alcalde