Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Mércores, 18 de abril de 2012 Páx. 14039

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (166/2009).

María Mercedes Santos García, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social núm. 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de demanda 166/2009, seguido neste xulgado, foi ditada sentenza cuxo encabezamento e parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«A Coruña, 14 de marzo de 2012.

Vistos por Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social núm. 2 (reforzo) da Coruña e o seu partido, os presentes autos de xuízo n.º 166/2011 seguidos por instancia de Manuel Pravio Pérez, representada polo letrado Sr. Güemez Abad, contra a empresa Ferralla del Noroeste, S.L., en rebeldía procesual, e o Fogasa, que non comparece, versando a litis sobre reclamación de salarios.

Decido que, considerando integramente a demanda formulada por Manuel Pravio Pérez, representada polo letrado Sr. Güemez Abad, contra a empresa Ferralla del Noroeste, S.L., en rebeldía procesual, e o Fogasa, que non comparece, debo condenar e condeno a demandada a aboar á demandante a suma de 471,17 euros, no senso exposto no fundamento primeiro, incrementada cos xuros de mora pertinentes. Así mesmo, debo absolver o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria respecto a tales cantidades nos termos establecidos no artigo 33 ET. Notifíquese esta sentenza ás partes e fágaselles saber que en virtude do disposto no artigo 191.2.g) da Lei 36/2011, do 11 de outubro, reguladora da xurisdición social, non cabe recurso contra ela».

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Ferralla del Noroeste, S.L. en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 23 de marzo de 2012.

A secretaria xudicial