Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Mércores, 18 de abril de 2012 Páx. 14006

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 19 de marzo de 2012, da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, pola que se anuncia convocatoria pública para a provisión dun posto de xefe da Sección de Contratación de Xestión de Servizos Xerais pertencente á Xerencia.

De conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG n.º 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e na Orde do 24 de maio de 2006 (DOG n.º 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 311/2009, do 28 de maio (DOG n.º 109, do 5 de xuño), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, e Orde do 15 de xuño de 2009 (DOG n.º 119, do 19 de xuño), modificada pola Orde do 28 de setembro de 2011, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde,

RESOLVO:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para cubrir, polo procedemento de concurso de méritos, o posto de traballo de xefe da Sección de Contratación de Xestión de Servizos Xerais da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, segundo se especifica no anexo desta resolución.

Segundo. As retribucións do posto ofertado serán as que correspondan de acordo coa orde pola que se ditan instrucións sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica vixente.

Terceiro. As solicitudes para participar na presente convocatoria presentaranse, no Rexistro da Dirección de RR.HH., sito no Hospital A Coruña, As Xubias de Arriba n.º 84, 15006 A Coruña ou a través de calquera dos procedementos do artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de vinte días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. As bases íntegras da convocatoria estarán expostas nos taboleiros de anuncios da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña así como na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

A Coruña, 19 de marzo de 2012.

Alfredo García Iglesias
Xerente de Xestión Integrada da Coruña

ANEXO

Denominación do posto: xefe da Sección de Contratación de Servizos Xerais da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña.

Grupo de clasificación: A1, A2 ou C1.

N.º de vacantes: 1.