Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Mércores, 18 de abril de 2012 Páx. 14005

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 10 de abril de 2012, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros de camiños, canais e portos, pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio do proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o día 10 de abril de 2012, o tribunal nomeado pola Orde do 17 de novembro de 2011, modificada pola Orde do 12 de decembro, para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros de camiños, canais e portos, acordou, de conformidade co disposto na base II.1.2.6 da convocatoria, que o segundo exercicio do proceso selectivo terá lugar o día 3 de maio de 2012 na aula 11 da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) na rúa Madrid, número 2, As Fontiñas, Santiago de Compostela, en chamamento único, que se iniciará ás 15.30 horas.

Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal e mais de bolígrafo de tinta azul.

Non se permitirá o acceso ao recinto onde se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas ou calquera outro instrumento de que se poida valer o aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará no recinto ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 10 de abril de 2012.

Gerardo Pallares Sánchez
Presidente do tribunal