Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Martes, 17 de abril de 2012 Páx. 13861

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (928/2009).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria do Social número 2 da Coruña, fago saber que, no proceso seguido por instancia de Manuel Corral Astray contra Manuel Hortas Canosa, S.L., Fogasa, en reclamación por ordinario, rexistrado co número 928/2009, se acordou ditar sentenza cuxo encabezamento e decisión din:

«Autos 928/2009.

Na cidade da Coruña, 16 de marzo de 2012.

Lara M. Munín Sánchez, xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 da Coruña, tras ver os presentes autos sobre cantidades, por instancia de Manuel Corral Astray, que comparece representado pola letrada Sra. Segura Espinosa, contra a empresa Manuel Hortas Canosa, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, que non comparecen, ditou a seguinte

Sentenza/decisión que, estimando a demanda interposta por Manuel Corral Astray contra a empresa Manuel Hortas Canosa, S.L., condénoa a que lle aboe a cantidade de dez mil seiscentos oitenta e cinco euros e setenta e cinco céntimos (10.685,75 euros), incrementada co xuro por mora do 10%.

Así mesmo, absolvo o Fondo de Garantía Salarial, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíqueselles esta resolución ás partes facéndolles saber que esta non é firme, e fronte a ela cabe formular recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución.

De ser recorrente a empresa demandada deberá acreditar mediante a exhibición ante este xulgado o xustificante acreditativo de depositar a cantidade obxecto de condena na conta deste xulgado, aberta en Banesto, e poderá substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, na cal se fará constar a responsabilidade solidaria do avalista debendo acreditar tamén na indicada conta a consignación da suma de 300 euros preceptivos para recorrer, sen cuxo cumprimento non se terá por anunciado o recurso.

Así, por esta a miña sentenza, o pronuncio, mando e asino».

E para que sirva de notificación a Manuel Hortas Canosa, S.L. expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG).

A Coruña, 22 de marzo de 2012.

A secretaria xudicial