Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Martes, 17 de abril de 2012 Páx. 13863

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (478/2011).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 478/2011 deste Xulgado do Social, seguido por instancia de -ver pdf- contra a empresa Era Medusa Atlántico, S.L, Fogasa, sobre despedimento, se ditou sentenza cuxo encabezamento e decisión din:

«Autos 478/2011.

Na cidade da Coruña, 16 de marzo de 2012.

Lara M.ª Munín Sánchez, xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 da Coruña, tras ver os presentes autos sobre despedimento, por instancia de -ver pdf-, que comparece representado pola letrada Sra. Míguez Castelos, contra a empresa Era Medusa Atlántico, S.L. e Fondo de Garantía Salarial, que non comparecen, ditou a seguinte sentenza:

Decido que considerando a demanda interposta por -ver pdf- contra a empresa Era Medusa Atlántico, S.L., declaro improcedente o despedimento de que foi obxecto o 31.3.2011 e declaro extinguida a relación laboral con data desta sentenza, condenándoa a indemnizalo pola extinción coa cantidade –salvo erro ou omisión– de vinte e catro mil cincocentos sesenta e seis euros e sesenta e tres (24.566,63 €); e con aboamento, en todo caso, dos salarios de tramitación deixados de percibir desde a data do despedimento ata a da presente resolución, tendo en conta que ascenden a quince mil oitocentos cincuenta e oito euros e dezaoito céntimos (15.858,18 €).

Así mesmo, absolvo o Fondo de Garantía Salarial, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes advertindo que contra ela poderán interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia, ou mediante escrito neste xulgado dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtaselle igualmente ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en Banesto a nome deste xulgado, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola dita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso.

Así, por esta a miña sentenza, o pronuncio, mando e asino».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Era Medusa Atlántico, S.L, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia (DOG).

A Coruña, 22 de marzo de 2012.

A secretaria xudicial