Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Venres, 13 de abril de 2012 Páx. 13336

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (206/2010).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no proceso seguido por instancia de Carlos Conde Losada, Beatriz Lema Pereira, María Pilar Santos Moreno contra Konstruplus, S.L.U., Fogasa, administrador concursal de Konstruplus, S.L., en reclamación por ordinario, rexistrado co número 206/2010, se ditou a seguinte resolución:

«Na cidade da Coruña, 12 de marzo de 2012.

Carlos Villarino Moure, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 3 da Coruña, tras ver estes autos sobre ordinario entre partes, dunha e como demandante Carlos Conde Losada, que comparece asistido pola letrada Marta Pato Diéguez, e en nome e representación de Beatriz Lema Pereira e María Pilar Santos Moreno, e doutra, como demandado, o administrador concursal de Konstruplus, S.L.U., Agenor Gómez Álvarez, a empresa Konstruplus, S.L. e Fogasa, que non comparece, malia estaren citados.

Resolvo que estimando a demanda formulada por Carlos Conde Losada, María Pilar Santos Moreno e Beatriz Lema Pereira contra o Fogasa e o administrador concursal da empresa, condeno a empresa a aboar as cantidades seguintes: a Carlos Conde Losada, 9.691,17 €; a Pilar Santos Moreno, 4.491,92 € e a Beatriz Lema Pereira, 2.631,11 €, que lles deben en concepto de salarios e demais conceptos. Absolvo da demanda o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) e coa obriga do administrador concursal de se ater a este pronunciamento nos termos previstos na Lei concursal.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe interpor recurso de suplicación para ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar por comparecencia, ou mediante escrito neste xulgado, dentro dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación.

Advírtase igualmente o recorrente que non for traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade social ou habentes causa seus, ou non teña recoñecido o dereito da xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en Banesto (0030.1846) a nome deste xulgado co número 1533.0000.36.0206.10, acreditando, mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, co n.º 1533.0000.60.0206.10 a cantidade obxecto de condena ou formalizar aval bancario por esa cantidade, en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista e incorporalo a este xulgado co anuncio do recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de o anunciar.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna o maxistrado que a ditou, tendo lugar audiencia pública no día da data, do que dou fe».

E para que sirva de notificación a Konstruplus, S.L.U., expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 20 de marzo de 2012.

O secretario xudicial