Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Venres, 13 de abril de 2012 Páx. 13331

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 1 da Coruña

EDICTO (867/2011).

María Elma Monzón Cuesta, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 1 da Coruña, mediante este anuncio:

No presente procedemento seguido por instancia de Mudanzas Coruña, S.A., fronte a Elisa Mejuto García, ditouse sentenza cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza.

Na Coruña o 19 de xaneiro de 2012.

Vistos por min, Milagritos Belso Sempere, maxistrada xuíza substituta do Xulgado de Primeira Instancia número 1 desta cidade, os presentes autos de xuízo verbal, rexistrados co número 867/2011, sendo parte demandante Mudanzas Coruña, S.A., representada por a procuradora Sra. Valencia Vallina coa asistencia do letrado Sr. De la Iglesia-Caruncho, e parte demandada Elisa Mejuto García, en situación procesual de rebeldía.

Decido que, estimando a demanda formulada pola procuradora Sra. Valencia Vallina, en nome e representación de Mudanzas Coruña, S.A., contra Elisa Mejuto García, rebelde, debo condenar e condénoa a que lle aboe á demandante a cantidade de mil trescentos dezasete euros con oitenta céntimos (1.317,80 €), así como os xuros legais desde a interposición desta demanda e os previstos no artigo 576 da LAC desde a data desta resolución.

Con expresa imposición das custas procesuais á parte demandada.

Notifíquese esta resolución ás partes facéndolles saber que contra ela non cabe interpoñer recurso ningún».

E encontrándose a devandita demandada, Elisa Mejuto García, en paradoiro descoñecido, expídese este co fin de que sirva de notificación en forma.

A Coruña, 24 de febreiro de 2012.

A secretaria xudicial