Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Venres, 13 de abril de 2012 Páx. 13330

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 993/2012 MAY).

Francisco Javier Gamero Lopez-Peláez, secretario xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento recurso suplicación 993/2012 MAY desta sección, seguido por instancia de Ana Belén González Gómez, Tanit Serrano Rodríguez, Nuria Dapia Requejo, M. Sonia López Rodríguez, Roberto González Domínguez contra a empresa Donde Jorge, S.L. e o Fogasa sobre reclamación de cantidade, foi ditado decreto cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Acordo ter por desistidos a Ana Belén González Gómez, Tanit Serrano Rodríguez, Nuria Dapia Requejo, M. Sonia López Rodríguez, Roberto González Domínguez do recurso de suplicación interposto, e declarar a firmeza da resolución obxecto do citado recurso do 22.11.2011 ditada polo Xulgado do Social número 3 de Ourense nos seus autos n.º 664/2011. Incorpórese o orixinal ao libro de decretos, deixando certificación no procedemento da súa razón. Unha vez firme a presente resolución, remitiranse, xunto con testemuño desta, as actuacións ao órgano xudicial de orixe e, verificado, procédase ao arquivamento da correspondente peza separada».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación en forma a Donde Jorge, S.L. expido e asino este edicto.

A Coruña, 20 de marzo de 2012.

O secretario xudicial