Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Venres, 13 de abril de 2012 Páx. 13301

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 28 de marzo de 2012, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo P.O. 906/2011, interposto por María Dolores Amigo Vázquez e outros.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, providencia pola que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo P.O. 906/2011, interposto por María Dolores Amigo Vázquez, María Isabel Carro Mosquera, María Dolores Díaz Luaces, María Jesús Seara Ojea, Fernando Agullo Pérez, Alfredo García Molina, Jesús Canosa Rey, José Manuel Quinteiro Vicente, María Mar Iglesias García, Luis Enrique Ramos Ramos, María Ángeles Losada González, María Luz Losa Quintela, María Dolores Corbal Álvarez, Eduardo José Soto Meijomence, María Concepción González Balbas, Julia Miguel López, Covadonga Isabel López López, María Encarnación Vidal Caminero, María de los Ángeles López Lagares, María Fe Sánchez López e María Amparo Fraga Lens, contra a Resolución do 23 de setembro de 2011 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 22 de setembro de 2011 que aproba a relación de postos de traballo da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia.

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento e se emprazan para que poidan comparecer como parte nos autos na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 9 (nove) días, contado desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de marzo de 2012.

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública