Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Venres, 13 de abril de 2012 Páx. 13302

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 30 de marzo de 2012 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 29 de marzo de 2012 polo que se aproba a relación de postos de traballo da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística.

A aprobación da relación de postos de traballo da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística xustifícase polas necesidades organizativas e funcionais do organismo.

En consecuencia, por proposta da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 29 de marzo de 2012, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro. Apróbase a relación de postos de traballo da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, nos termos que se sinalan no anexo a este acordo.

Segundo. Ordénase a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para os efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 29 de marzo de 2012, relativo á aprobación da relación de postos de traballo da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, coa finalidade de cumprir o dito acordo, dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 30 de marzo de 2012.

Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

CÓDIGO - DESCRICIÓN DAS TITULACIÓNS ACADÉMICAS

2001 ARQUITECTURA

2004 ENXEÑERÍA DE CAMIÑOS, CANLES E PORTOS

2062 LIC. DEREITO

3001 ARQUITECTURA TÉCNICA

3007 ENXEÑERÍA TÉCNICA OBRAS PÚBLICAS

4020 FP2 - DELINEACIÓN

CÓDIGO - DESCRICIÓN DAS FORMACIÓNS ESPECÍFICAS

020 COÑECEMENTOS INFORMÁTICA NIVEL USUARIO (MÉRITO).

506 LCDO. EN ECONÓMICAS/EMPRESARIAIS (MÉRITO).

640 PARA PERSOAL DOUTRA ADMINISTRACIÓN, CURSO DE PERFECCIONAMENTO DE GALEGO (R.I.).

641 PARA PERSOAL DOUTRA ADMINISTRACIÓN, CURSO DE INICIACIÓN DE GALEGO (R.I.).

954 PERMISO CONDUCIR B (R.I.).

CÓDIGO - DESCRICIÓN DOUTRAS ADMINISTRACIÓNS

A12 ADSCRICIÓN INDISTINTA A FUNCIONARIOS DA XUNTA DE GALICIA, ESTADO E CC.AA. E ADMINISTRACIÓN LOCAL.

AXG ADSCRICIÓN EXCLUSIVA A FUNCIONARIOS DA XUNTA DE GALICIA.