Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Xoves, 12 de abril de 2012 Páx. 13115

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 16 de marzo de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Lugo (expediente IN407A 2009/139-2, 7495 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, 4-1.º, 27002 Lugo.

Denominación: L.M.T.S. subestación San Cibrao-Hospital de Lugo-subestación San Cibrao-CR Mercedes-obra civil-rolda leste p.q. 1+500 p.q. 2+465.

Situación: concello de Lugo.

Características técnicas:

• Obra civil L.M.T.S. sub. San Cibrao-Hospital de Lugo-CR Mercedes, formada por dous tramos:

– Tramo 1 entre as arquetas 39, situada na glorieta Hospital 2 Sur p.q. 1+500, e a arqueta 26, situada no p.q. 1+950; a canalización está formada por catro tubos de 200 mm e dous de 63 mm, cunha lonxitude de 530 metros.

– Tramo 2 entre as arquetas 26, situada no p.q. 1+950, e a arqueta 49, situada na glorieta estrada-630, p.q. 2+465; a canalización está formada por doce tubos de 200 mm e catro de 63 mm, cunha lonxitude de 495 metros.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE n.º 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada, ante o conselleiro de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Lugo, 16 de marzo de 2012.

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo