Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Xoves, 12 de abril de 2012 Páx. 13109

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición da autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concellos de Coristanco, Cabana de Bergantiños e Zas (expediente IN407A 9/2012).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE n.º 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE n.º 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: recuamento en M.T. autovía Carballo-Berdoias.

Situación: concellos de Coristanco, Cabana de Bergantiños e Zas.

Características técnicas: recuamento das seguintes liñas de media tensión afectadas pola construción da autovía Carballo-Berdoias, nos concellos de Carballo, Cabana e Zas, coas seguintes afeccións:

Afección 1 á liña de M.T. aérea CBA-807 a 20 kV entre os apoios n.º 32 e 34 situados entre o C.H. Batán e C.T. A Agualada I (p.q. 9+784) do tramo Carballo-Baio:

Liña de M.T. aérea CBA-807 a 20 kV entre os apoios n.º 32 e 32 bis, con orixe en apoio n.º 32 existente e final en apoio proxectado n.º 32 bis do tipo CH-11/2500, nunha lonxitude de 0,042 km, en condutor LA-56/54,6 mm² Al.

Liña de M.T. subterránea CBA-807 a 20 kV entre os apoios n.º 32 bis e 33, con orixe no paso aéreo-subterráneo no apoio n.º 32 bis proxectado e final no paso aéreo-subterráneo no apoio proxectado n.º 33, cunha lonxitude de 0,152 km, en condutor R.H.Z.1 2OL-12/20 kV-3(1×240) Al.

Liña de M.T. aérea CBA-807 a 20 kV entre os apoios n.º 33 e 34, con orixe no apoio n.º 33 proxectado tipo CH-13/2500, e final en apoio n.º 34 existente nunha lonxitude de 0,212 km, en condutor LA-56/54,6 mm² Al.

Afección 2 á liña de M.T. aérea derivada a C.T. O Rempenín entre os apoios 11 e 14 situados entre a derivada a C.T. A Maza e derivada a C.T. O Rempenín (p.q. 12+985 do tramo Carballo-Baio):

Liña de M.T. aérea derivada a C.T. O Rempenín entre os apoios n.º 11 e 14, con orixe no apoio n.º 11 existente e final en apoio n.º 14 existente, nunha lonxitude de 0,424 km, en condutor LA-56/54,6 mm² Al (184 m de novo condutor e 240 m retensado existente en obra), coa instalación de dous novos apoios tipo CH 17,5/100 e un XS no apoio n.º 12.

Afección 3 ás liñas de media tensión aéreas seguintes:

Liña de M.T. aérea derivada a C.T. Camafreita entre os apoios n.º 95-3 e 95-6 (p.q.14+633 do tramo Carballo-Berdoias), con orixe no apoio n.º 95-3 existente, e final no apoio 95-6 existente, nunha lonxitude de 0,390 km, en condutor LA-56/54,6 mm² Al (144 m de novo condutor e 246 m de retensado existente en obra), coa instalación de tres novos apoios tipo CH 11/1600, CH 13/630 e CH 16/300.

Liña de M.T. aérea derivada a C.T. Cazón (p.q.14+596 do tramo Carballo-Berdoias), con orixe en apoio proxectado n.º 95-4BIS do tipo C-16/300 de L.M.T.A. a C.T. Camafreita, e final en apoio metálico existente do C.T. Cazón, nunha lonxitude de 0,103 km, en condutor LA-56/54,6 mm² Al, con instalación de XS no apoio de entroncamento proxectado n.º 95-4BIS.

Afección 4 ás liñas de media tensión aéreas seguintes:

Liña de M.T. aérea CBA-803 a 20 kV entre os apoios n.º 31 e 95-2 (p.q. 15+100 do tramo Carballo-Baio) situado despois do C.T. A Piolla, con orixe no apoio n.º 31 existente, e final en apoio existente n.º 95-2, nunha lonxitude de 0,438 km, en condutor LA-100/116,2 mm² Al (186 m de novo condutor e 53 m retensado existente en obra) e LA-56,54,6 mm² Al (64 m de retensado existente en obra), coa instalación de 4 apoios novos, dos cales dous serán do tipo C-16/7000, un C-18/3000 e un CH-11/630.

Liña de M.T. aérea CBA-803 a C.T. Mata entre os apoios n.º 34 e 2 (p.q.15+000 do tramo Carballo-Berdoias), con orixe no apoio n.º 34 proxectado do tipo C-20/3000 na liña principal final, e final no apoio n.º 2 existente da L.M.T.A. derivada a C.T. Mata, nunha lonxitude de 0,156 km, en condutor LA-56/54,6 mm² Al.

Liña de M.T. aérea derivada secundaria a Picotos entre os apoios n.º 34 e 36 (p.q.15+018 do tramo Carballo-Berdoias), con orixe no apoio n.º 35 proxectado do tipo C-16/7000 na liña principal final, e final no apoio n.º 36 existente, nunha lonxitude de 0,177 km, en condutor LA-56/54,6 mm² Al, coa instalación dun apoio proxectado n.º 35 bis tipo C-20/3000.

Afección 5 a liña de M.T. derivada ao C.T. Sobreira entre os apoios n.º 2 e 4 situados antes do C.T. Sobreira (p.q. 17+297 do tramo Carballo-Baio):

Liña de M.T. aérea derivada a C.T. Sobreira con orixe no apoio n.º 2 existente, e final no apoio n.º 4 existente, nunha lonxitude de 0,344 km, en condutor LA-56/54,6 mm² Al, coa instalación de dous apoios novos tipo CH-11/630 e CH-13/630.

Afección 6 a liña de M.T. aérea CBA-803 entre os apoios n.º 11 e 14 entre C.T. San Clemente-estrada xeral e o C.T. A Pedra (p.q. 18+000 do tramo Carballo-Baio):

Liña de M.T. aérea CBA-803 a 20 kV entre os apoios n.º 11 e 12, con orixe no apoio n.º 11 existente e final no apoio proxectado n.º 12 tipo C-20/7000, nunha lonxitude de 0,151 km, en condutor LA-100/116,2 mm² Al.

Liña de M.T. subterránea CBA-803 a 20 kV entre os apoios n.º 12 e 13, con orixe no paso aéreo-subterráneo no apoio n.º 12 proxectado e final no paso aéreo-subteráneo no apoio proxectado n.º 13, cunha lonxitude de 0,323 km, en condutor R.H.Z.1 2O-12/20 kV 3(1×240) Al.

Liña de M.T. aérea CBA-803 a 20 kV entre os apoios n.º 13 e 14, con orixe no apoio n.º 13 proxectado tipo C-16/4500, e final no apoio existente n.º 14, nunha lonxitude de 0,098 km, en condutor LA-100/116,2 mm² Al.

Afección 7 á liña de M.T. aérea DC CBA-803 entre os apoios n.º 40 e 43 entre o C.T. Anos e C.T. A Ermida (p.q. 20+115 do tramo Carballo-Baio):

Liña de M.T. aérea CBA-803 a 20 kV con orixe no apoio n.º 40 existente, e final no apoio existente n.º 43, nunha lonxitude de 0,435 km, en condutor LA-100/116,2 mm² Al (112 m de novo condutor e 323 m retensado existente en obra), coa instalación de dous novos apoios tipo C-16/7000 e C-18/7000.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071-A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 13 de marzo de 2012.

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña