Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Mércores, 11 de abril de 2012 Páx. 12935

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Reforzo da Coruña

EDICTO (P.O. 424/2011).

María Mercedes Santos García, secretaria xudicial do reforzo do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que no procedemento P.O. 424/2011, seguido neste xulgado, se ditou sentenza cuxo encabezamento e decisión son do teor literal seguinte:

«Na Coruña o nove de marzo de dous mil doce. Unha vez vistos por Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 1 (reforzo) desta cidade, os autos n.º 424/2011, promovidos por instancia de Sonia Martínez Hermo, representada polo seu letrado, Sr. Nogueira Esmorís, e contra a empresa The Shopping Selection, S.L., non comparecida no acto do xuízo, tendo sido citado o Fogasa, que non comparece, e versando a litis sobre reclamación de salarios.

Resolvo que, aceptando integramente a demanda formulada por Sonia Martínez Hermo, representada polo seu letrado, Sr. Nogueira Esmorís, e contra a empresa The Shopping Selection, S.L., non comparecida no acto do xuízo, tendo sido citado o Fogasa, que non comparece, debo condenar e condeno a demandada a lle aboar á demandante a suma de 9.672,46 euros no sentido exposto no fundamento primeiro, incrementada cos xuros moratorios pertinentes. Así mesmo, debo absolver e absolvo o Fogasa sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do ET. Notifíqueselles esta sentenza ás partes advertindo que contra ela poderán interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia, ou mediante escrito, neste xulgado, dentro dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza, pasados os cales, declararase firme e procederase ao seu arquivamento. Advírtase igualmente o recorrente que non for traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou o seu habente causa, ou que non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros (artigos 229 da Lei 36/2011, do 11 de outubro, reguladora da xurisdición social) na conta aberta na entidade Banesto a nome deste xulgado».

E para que lle sirva de notificación en legal forma á empresa The Shopping Selection, S.L., en paradoiro ignorado, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 15 de marzo de 2012.

A secretaria xudicial