Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Martes, 10 de abril de 2012 Páx. 12675

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 29 de marzo de 2012, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se anuncia procedemento aberto, trámitación urxente, para contratar o servizo de restauración, limpeza e acondicionamento dos campamentos e albergues xuvenís da provincia de Pontevedra.

Esta xefatura territorial, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anunciar o seguinte procedemento:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Xefatura Territorial de Vigo da Consellería de Traballo e Benestar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Xestión Económica.

2) Enderezo: r/ Concepción Arenal, n.º 8, 2.º andar.

3) Código postal e localidade: 36201 Vigo.

4) Teléfono: 986 81 77 25. Fax: 986 81 76 83.

5) Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

6) Data límite de obtención de documentación e información: desde a publicación deste anuncio ata a finalización do prazo de presentación de propostas.

d) Número de expedientes: 1.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: expediente n.º 35/2012.

Servizo de restauración, limpeza e acondicionamento das instalacións do albergue xuvenil As Sinas en Vilanova de Arousa. Servizo de restauración e o seu transporte para unha ruta en kaiak.

Servizo de restauración, limpeza, acondicionamento, montaxe e desmontaxe das instalacións do campo de traballo Illas Cíes en Vigo, do campamento xuvenil Illa de Ons en Bueu e do campamento xuvenil Pontemaril en Forcarei.

c) División por lotes e número de lotes: non.

d) Prazo de execución: desde o 16 de xuño ata o 20 de setembro de 2012, segundo os períodos relacionados no prego de prescricións técnicas.

e) Admisión de prórroga: non.

f) C.P.V.: non. C.P.A.: 56.10.19.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: os establecidos no prego de cláusulas administrativas.

4. Orzamento base de licitación.

a) Orzamento: 332.032,41 €, IVE (8%) 26.562,59 €, importe total: 358.595,00 €.

5. Garantías exixidas: provisional: 6.640,65 €. Definitiva: 5% do importe de adxudicación.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: grupo M, subgrupo 6, categoría C.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: a sinalada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Outros requisitos específicos: non.

7. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 8 días naturais, contados desde o seguinte ao de publicación deste anuncio.

b) Modalidade de presentación: a establecida no prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación:

1. Dependencia: Rexistro Xeral do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Vigo.

2. Domicilio: rúa Concepción Arenal, n.º 8.

3. Código postal e localidade: 36201 Vigo (Pontevedra).

Por calquera das formas previstas no artigo 80 do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas.

d) Admisión de variantes: non.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses desde a apertura das propostas.

8. Apertura de ofertas.

a) Enderezo: rúa Concepción Arenal, n.º 8, 2.º andar, 36201 Vigo.

b) Apertura de ofertas: ás 10.00 horas do décimo día natural contado desde a finalización do prazo de presentación de propostas.

9. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario (aprox. 10,82 € por liña).

Vigo, 29 de marzo de 2012.

Carmen Bianchi Valcarce
Xefa territorial de Vigo