Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Martes, 10 de abril de 2012 Páx. 12678

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 30 de marzo de 2012 pola que se anuncia a licitación, polo trámite urxente e procedemento aberto multicriterio, para a adxudicación do contrato non harmonizado das obras de reforma integral e mellora funcional do Centro de atención a persoas con discapacidade da Coruña, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica-Servizo de Contratación e Obras.

b) Número de expediente: 34/2012.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: obras de reforma integral e mellora funcional do Centro de atención a persoas con discapacidade da Coruña, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013. (CPA: 41.00.3), (CPV: 45000000-7).

b) Lugar de execución: A Coruña.

c) Prazo de execución: 5,5 meses.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: seiscentos trinta e oito mil novecentos once euros (638.911,00 euros), IVE incluído. Este importe está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013, nun 80% (eixe 6; tema prioritario 79; medida 6.79) e nun 20% con Fondos de Compensación Interterritorial (FCI) e fondos da Comunidade Autónoma.

5. Garantías.

Provisional: non se exixe.

Definitiva: si (5% do orzamento base de licitación, IVE excluído (27.072,50 euros).

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: o prego de cláusulas administrativas particulares e o prego de prescricións técnicas poderán ser examinados no Servizo de Contratación e Obras da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar.

b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Teléfono:

– Información índole administrativa: 981 54 46 52 (M.ª José Rodríguez Novoa).

– Información índole técnica: 981 54 72 43 (José Luis López Cousillas).

e) Fax: 981 54 56 85.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata rematar o prazo de presentación de ofertas.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da internet:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=17346

O prego de prescricións técnicas (proxecto) que rexerá esta contratación estará á disposición dos interesados para o seu exame durante o prazo de presentación de ofertas, na copistaría Copy Nino, sita na rúa Feáns, 19, en Santiago de Compostela (teléfono 981 58 89 38).

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: grupo C, subgrupos 1-4-6-8, categoría d.

Respecto ás empresas estranxeiras véxase cláusula 3.3 do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: trece (13) días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a que figura na cláusula 3 do prego de cláusulas administrativas particulares, debendo figurar no exterior dos sobres o CIF do licitador. No caso de que estean inscritos no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia, deberán reflectilo de forma fidedigna no exterior do sobre A, indicando o número de rexistro asignado.

c) Lugar de presentación:

1.º Oficina de rexistro único e información no complexo administrativo de San Caetano, 15781 Santiago de Compostela, de luns a venres das 9.00 ás 19.00 horas e os sábados das 9.00 ás 14.00 horas.

2.º As proposicións poderán enviarse por correo dentro do prazo de admisión indicado, xustificando a data de imposición do envío, anunciándoo á Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar mediante télex, fax ou telegrama, no mesmo día e nun só envío.

Se a documentación se presenta en calquera outro rexistro diferente ao indicado nos parágrafos anteriores, a proposta non será admitida á licitación.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses desde a apertura en acto público.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar.

b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano.

c) Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

d) Data: a apertura do sobre B terá lugar, en acto público, o sétimo (7) día hábil seguinte ao da finalización do prazo de presentación das ofertas, a non ser que fose sábado, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

A apertura do sobre C terá lugar, en acto público, o décimo segundo (12) día hábil seguinte ao de remate do prazo de presentación de ofertas. De coincidir este en sábado, pasará ao seguinte día hábil.

e) Hora: 12.00 horas.

f) No perfil do contratante http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=17346 publicarase o lugar e a hora do acto público de apertura dos sobres B e C, así como calquera posible variación das datas antes indicadas.

10. Gastos do anuncio: este anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 30 de marzo de 2012.

P.D. (Orde 19.8.2009)
Cristina Ortiz Dorda
Secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar