Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Luns, 9 de abril de 2012 Páx. 12407

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 8 de marzo de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se acorda publicar a Resolución do 20 de febreiro de 2012, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, sobre cesión de terras sobrantes na zona de concentración parcelaria de Bogo (A Pontenova, Lugo) ao Concello da Pontenova.

O acordo de concentración parcelaria da zona de Bogo (A Pontenova, Lugo) foi aprobado pola Dirección Xeral de Estruturas e Infraestruturas Agrarias con data do 10 de abril de 2007, foi publicado na forma legalmente prevista na lexislación vixente e na actualidade encóntranse pendente de firmeza.

Con posterioridade a estes actos o Concello da Pontenova solicita a cesión en propiedade do predio n.º 3 para construción dunha capela e mellora do entorno no lugar dos Teixedais.

Visto o informe favorable da Xunta Local da zona, a Lei de reforma e desenvolvemento agrario, do 12 de xaneiro de 1973; a Lei 10/1985, do 14 de agosto, de concentración parcelaria para Galicia, modificada pola Lei 12/2001, do 10 de setembro; a Lei 6/2011, do 13 de outubro, de mobilidade de terras; a Lei 30/1992, do 26 de noviembre, de régimen xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, na súa redacción segundo a Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e demais disposicións legais vixentes de aplicación ao caso.

Á vista de que o destino para o que se solicita o predio n.º 3 é perfectamente subsumible no suposto recollido no artigo 32 da antedita lei galega, esta dirección xeral resolve:

1. Modificar o acordo de concentración parcelaria da zona de Bogo (A Pontenova, Lugo) e adxudicar ao Concello da Pontenova o predio n.º 3 que causa baixa no Fondo de Terras da zona, co fin de ser destinado á construción dunha capela no lugar dos Teixedais e mellora do seu contorno.

2. En caso de incumprimento do fin para o que é cedida, a titularidade do referido predio reverterá ao Fondo de Terras da zona, ao Patrimonio da Comunidade Autónoma, ou á Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), segundo o caso.

Contra esta resolución pódese interpoñer recurso de alzada ante a conselleira do Medio Rural e do Mar no prazo dun mes contado a partir do día seguinte a aquel en que sexa publicada esta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 8 de marzo de 2012.

José Ramón Losada Fernández
Xefe territorial de Lugo