Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Luns, 9 de abril de 2012 Páx. 12245

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

DECRETO 106/2012, do 4 de abril, polo que se nomea director do organismo autónomo Instituto de Estudos do Territorio a Manuel Borobio Sanchiz.

En virtude do establecido no artigo 24 dos estatutos do organismo autónomo Instituto de Estudos do Territorio aprobados polo Decreto 244/2011, do 29 de decembro, e os artigos 4.13 e 34.2 da Lei de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, por proposta do conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día catro de abril de dous mil doce,

Nomeo director do organismo autónomo Instituto de Estudos do Territorio a Manuel Borobio Sanchiz.

Santiago de Compostela, catro de abril de dous mil doce.

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Agustín Hernández Fernández de Rojas
Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas