Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Luns, 9 de abril de 2012 Páx. 12244

II. Autoridades e persoal

a) Cesamentos

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

DECRETO 105/2012, do 4 de abril, polo que se dispón que cese Manuel Borobio Sanchiz como director xeral de Sostibilidade e Paisaxe.

En virtude do establecido nos artigos 4.13 e 34.2 da Lei de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, por proposta do conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día catro de abril de dous mil doce,

DISPOÑO:

Que cese, por pase a outro destino, Manuel Borobio Sanchiz, como director xeral de Sostibilidade e Paisaxe, agradecéndolle os servizos prestados.

Santiago de Compostela, catro de abril de dous mil doce.

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Agustín Hernández Fernández de Rojas
Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas