Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Mércores, 4 de abril de 2012 Páx. 12119

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (957/2011).

Eu, Rafael González Alió, secretario do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que por resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de María Luz López Fernández contra Fonte Sacra, S.L., en reclamación por ordinario, rexistrado co número de procedemento ordinario 957/2011, se acordou citar a Fonte Sacra, S.L., en ignorado paradoiro, co fin de que compareza na sala de vistas do Xulgado do Social número 1, situado en r/ Armando Durán, 1, 4.º de Lugo, o día 12 de decembro de 2012, ás 11.00 horas, para a celebración dos actos de conciliación e, de ser o caso, xuízo. Poderá comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada e deberá acudir con todos os medios de proba de que tente valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e que os ditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírteselle ao destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Lugo, 8 de marzo de 2012.

O secretario xudicial