Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Mércores, 4 de abril de 2012 Páx. 12188

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se anuncia a aprobación do acordo da zona de concentración parcelaria de Filgueira de Barranca-Trasanquelos (Cesuras-A Coruña).

Ponse en coñecemento de todas as persoas interesadas na concentración parcelaria da zona de Filgueira de Barranca-Trasanquelos (Cesuras-A Coruña), declarada de utilidade pública e urxente execución polo Decreto 110/1993, do 22 de maio (DOG n.º 102, do 1 de xuño), o seguinte:

Primeiro. O 20 de febreiro de 2012, o director xeral de Desenvolvemento Rural aprobou o acordo de concentración parcelaria da dita zona logo de introducir no proxecto as modificacións oportunas á vista do resultado da enquisa deste último.

Segundo. O acordo de concentración será notificado individualmente a cada un dos afectados e está exposto ao público no Concello de Cesuras e na zona. Os documentos que se poden examinar no citado concello refírense aos predios de substitución, onde constan as situacións xurídicas derivadas das parcelas de procedencia, as fichas de atribucións, os planos e outros.

Terceiro. As persoas interesadas poderán interpor contra o acordo recurso de alzada ante o conselleiro do Medio Rural e do Mar dentro do prazo de trinta días, que contarán desde a notificación persoal ou publicación substitutiva. Os recursos poderanse presentar nesta xefatura territorial (edificio administrativo Monelos, praza Luís Seoane, s/n, A Coruña), nas oficinas centrais da consellería (San Caetano, s/n, Santiago de Compostela) ou en calquera das dependencias a que fai referencia o artigo 38.4.º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

A Coruña, 6 de marzo de 2012.

Antonio Manuel Aguión Fernández
Xefe territorial da Coruña