Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Mércores, 4 de abril de 2012 Páx. 12140

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 20 de marzo de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se dispón a notificación das resolucións dos expedientes sancionadores por infraccións en materia de espectáculos públicos.

De conformidade co disposto no artigo 59.5.º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réximen xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselles ás persoas que a seguir se relacionan, ás cales non se lle puido facer por correo certificado, as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores, por infraccións en materia de espectáculos públicos; o seu número cítase no anexo.

Contra estas resolucións poderá interpoñer o interesado recurso de alzada, perante o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa notificación.

Advírtase que de non ser interposto éste en tempo e forma, deberá de aboar a multa imposta no período de pagamento voluntario sinalado no boletín de multas e que pode recoller nas dependencias da xefatura territorial da consellería, a favor do Tesouro da Facenda galega, na conta restrinxida que consta no devandito boletín, en calquera das oficinas da entidade bancaria Caixa Galicia, facendo constar o número do expediente sancionador. Transcorrido dito prazo, procederase ao cobramento pola vía de constrinximento, de conformidade co establecido na disposición segunda da Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG do 5 de decembro).

Lugo, 20 de marzo de 2012.

Marta Barreiro Castro
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Nome

DNI/NIF

N.º expte.

Precepto infrinxido

Ultimo domicilio

Resolución

Ribalider, S.L.

B-27289644

LU-E 347/11

26-e) LO 1/1992

Avda Galicia n.º 8 baixo, Ribadeo

Multa de 300 €

María ElenaTorrez Marte

X-4094043-C

LU-E 348/11

23-e) LO 1/1992

R/ Calvo Sotelo n.º 119-3.º B, Sarria

Multa de 600 €

Ribalider, S.L.

B-27289644

LU-E 349/11

26-e) LO 1/1992

Avda Galicia n.º 8 baixo, Ribadeo

Multa de 300 €

Lorena González Blanco

34267666-N

LU-E 352/11

23-o) en relación co 26-e) LO 1/1992

R/ Duquesa de Alba n.º 57-59, Monforte de Lemos

Multa de 4.100 €