Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Mércores, 4 de abril de 2012 Páx. 12142

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 20 de marzo de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se dispón a notificación dos acordos de iniciación de expedientes sancionadores por infraccións en materia de espectáculos públicos.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réximen xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselles ás persoas que a seguir se relacionan, ás cales non se lles puido facer por correo certificado, os acordos de iniciación ditados nos expedientes de sanción, por infraccións en materia de espectáculos públicos; o seu número cítase no anexo.

Desígnase instrutora do expediente a María Engracia Gómez Dacal e secretario a José Luis Abelleira Fernández, que poderán ser recusados en calquera momento da tramitación do expediente de darse algún suposto dos que determina o artigo 29 da Lei 30/1992.

Os interesados disporán dun prazo de quince (15) días, contados a partir do seguinte ao da publicación desta notificación, para poder examinar o expediente no Servizo de Xestión Técnico-Administrativa e Interior desta xefatura territorial, e para achegar por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou probas, consideren convenientes na defensa dos seus dereitos, podendo recoñecer voluntariamente a súa responsabilidade, tal como establece o artigo 13.d) do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

No caso de que decida non efectuar alegacións no prazo indicado, este acordo de iniciación poderá ser considerado como proposta de resolución cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993, determinándose para estes efectos o importe da sanción.

Será competente para a resolución do expediente o xefe territorial da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza en Lugo, segundo o establecido na Orde do 26 de setembro de 1996, da citada consellería (DOG do 30 de setembro) e nos decretos 83/2009, do 21 de abril e 245/2009, do 30 de abril, polo que se fixa a estrutura orgánica das xefaturas da Xunta de Galicia (DOG n.º 155, do 12 de agosto) e o Decreto 7/2011, do 20 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

Lugo, 20 de marzo de 2012.

Marta Barreiro Castro
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Nome

DNI/NIF

N.º expte.

Precepto infrinxido

Último domicilio

Posible sanción

Copas Plus, S.L. (Enrique López Rivera)

B-27288364

LU-E 9/12

23.o) en relación co 26.e) LO 1/1992

R/ Melitón Cortiñas 18, 2.º, Viveiro

Ata 1.800 €

José Manuel Ron Lombardero

76570402

LU-E 11/12

23.o) en relación co 26.e) LO 1/1992

Avda. Generalísimo 69, A Pontenova

Ata 900 €

Latino Gallega de Hostelería, S.L.

B-27219781

LU-E 15/12

23.e) LO 1/1992

R/ Real (Latino), Muimenta, Cospeito

Ata 310 €

Pedro Jesús Cruz Santamaría

33556541

LU-E 16/12

26.e) LO 1/1992

Rúa Río Sil n.º 37-4.º B, Lugo

Ata 150 €

Francisca Álvarez Romero

34889278-A

LU-E 18/12

26.e) LO 1/1992

R/ Ramón Canosa n.º 22-3.º C, Viveiro

Ata 300 €

Copas Plus, S.L. (Enrique López Rivera)

B-27288364

LU-E 19/12

23.o) en relación co 26.e) LO 1/1992

R/ Melitón Cortiñas 18, 2.º Viveiro

Ata 2.100 €