Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Martes, 3 de abril de 2012 Páx. 11963

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 20 de marzo de 2012 de emprazamento para o trámite de audiencia, devolta polo servizo de Correos por resultaren os interesados ausentes na repartición.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, publícase o emprazamento para o trámite de audiencia, ditado no expediente de reposición da legalidade urbanística IU2/12/2011, a José Manuel Costas Estévez, Xavier Costas Estévez, Xulio Costas Estévez e Jacobo Costas Estévez, en relación coas obras consistentes na construción dunha edificación de planta baixa e baixo cuberta, no lugar de Pontes, parroquia de Noalla, no termo municipal de Sanxenxo, provincia de Pontevedra.

O expediente relacionado atópase á disposición dos interesados na Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Os interesados disporán dun prazo de 10 días hábiles, contado a partir do día seguinte a aquel en que se produza a notificación, para presentar as alegacións e os documentos e xustificacións que consideren pertinentes.

Para que conste, e lles sirva de notificación aos citados interesados, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da dita Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2012.

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística