Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Martes, 3 de abril de 2012 Páx. 11962

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 15 de marzo de 2012 pola que se notifica a proposta de resolución de expediente sancionador e de reposición da legalidade (S-2011/035-LU), devolta polo servizo de Correos por resultar o seu destinatario ausente na repartición.

O 23 de febreiro de 2012, a instrutora do Servizo de Inspección do Litoral da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou proposta de resolución no expediente sancionador e de reposición da legalidade número S-2011/035-LU, que se tramita aos herdeiros de Ramón Vinicio Lago Rodríguez, pola realización de obras abusivas executadas dentro da zona de servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre, no lugar da Abrela, Suegos, concello do Vicedo (Lugo).

Ao non poder realizarse a notificación persoal, mediante a presente cédula e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle aos interesados a dita proposta de resolución.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, os actos non se publican na súa integridade, fáiselles saber aos interesados que o texto íntegro da proposta de resolución que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no edificio Witland, 1.º andar, Salgueiriños, Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o dito prazo a notificación entenderase producida.

Para que conste e lle sirva de notificación aos destinatarios arriba indicados, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da citada LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 15 de marzo de 2012.

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística