De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de seren tentadas sen éxito as notificacións persoais a través do servizo de Correos, notifícanse aos interesados que se sinalan no anexo deste anuncio os acordos de inicio dos procedementos para declarar a perda do dereito ao cobramento das axudas relativas aos expedientes de subvención número 11150036/2009, 1150048/2009, 11150092/2009, 11150143/2009, 11150147/2009, 11150154/2009 e 11150164/2009 (Orde do 26 de febreiro de 2009 pola que se establecen as bases e se convocan para o ano 2009 as axudas para o fomento da primeira forestación de terras non agrícolas).
Os interesados poderán comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, nas dependencias da Secretaría Xeral do Medio Rural e Montes, situada na rúa San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento do contido íntegro das mencionadas resolucións e a constancia de tal coñecemento.
Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, as notificacións entenderanse producidas desde o día seguinte á data de finalización destas.
Concédeselles aos interesados un prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte á notificación da resolución, para que poidan formular alegacións e presentar a documentación que consideren conveniente aos seus dereitos ante a Consellería do Medio Rural e do Mar.
Este anuncio remitirase, así mesmo, aos concellos correspondentes ao último enderezo coñecido dos interesados, en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.
Santiago de Compostela, 9 de marzo de 2012.
Francisco José Vidal-Pardo Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar
ANEXO
Expediente: procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento da prima de mantemento do ano 2011 relativa ao expediente de subvención núm. 11150036/2009.
Interesado: Manuel Grille Canosa.
Acto de notificación: acordo de inicio.
Último enderezo coñecido: apartado de correos 58, Vimianzo, 15129 A Coruña.
Expediente: procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento da prima de mantemento do ano 2011 relativa ao expediente de subvención núm 11150048/2009.
Interesado: Jesús Costa Viga.
Acto de notificación: acordo de inicio.
Último enderezo coñecido: apartado de correos 58, Vimianzo, 15129 A Coruña.
Expediente: procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento da prima de mantemento do ano 2011 relativa ao expediente de subvención núm. 11150092/2009.
Interesado: Benedicto Fuciños Buján.
Acto de notificación: acordo de inicio.
Último enderezo coñecido: apartado de correos 58, Vimianzo, 15129 A Coruña.
Expediente: procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento da prima de mantemento do ano 2011 relativa ao expediente de subvención núm. 11150143/2009.
Interesado: Manuel Domínguez Aguilleiro.
Acto de notificación: acordo de inicio.
Último enderezo coñecido: apartado de correos 58, Vimianzo, 15129 A Coruña.
Expediente: procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento da prima de mantemento do ano 2011 relativa ao expediente de subvención núm. 11150147/2009.
Interesado: Juan Carlos Pereira Ogando.
Acto de notificación: acordo de inicio.
Último enderezo coñecido: apartado de correos 58, Vimianzo, 15129 A Coruña.
Expediente: procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento da prima de mantemento do ano 2011 relativa ao expediente de subvención núm. 11150154/2009.
Interesado: Celia Zubiela Canosa.
Acto de notificación: acordo de inicio.
Último enderezo coñecido: apartado de correos 58, Vimianzo, 15129 A Coruña.
Expediente: procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento da prima de mantemento do ano 2011 relativa ao expediente de subvención núm. 11150164/2009.
Interesado: Antonio Lado Ríos.
Acto de notificación: acordo de inicio.
Último enderezo coñecido: apartado de correos 58, Vimianzo, 15129 A Coruña.