Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Martes, 3 de abril de 2012 Páx. 11953

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 9 de marzo de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar, polo que se empraza a interesada no expediente de subvención para o fomento da forestación de terras agrícolas número 11320265/2005.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de seren tentadas sen éxito as notificacións persoais a través do servizo de Correos, notifícase a interesada que se sinala no anexo deste anuncio a resolución do procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento da axuda relativa ao expediente de subvención número 11320265/2005 (Orde do 13 de maio de 2005 pola que se establecen as bases e se convocan para o ano 2005 as axudas para o fomento da forestación de terras agrícolas).

A interesada poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, nas dependencias da Secretaría Xeral do Medio Rural e Montes, situada na rúa San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento do contido íntegro da mencionada resolución e a constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte á data da súa finalización.

Concédeselle a interesada un prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte á notificación da resolución, para que poida formular alegacións e presentar a documentación que considere conveniente aos seus dereitos ante a Consellería do Medio Rural e do Mar.

Este anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido da interesada, en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Santiago de Compostela, 9 de marzo de 2012.

Francisco José Vidal-Pardo Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar

ANEXO

Expediente: procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento da prima de mantemento do ano 2009 relativa ao expediente de subvención número 11320265/2005.

Interesada: Orsating, S.L.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: Alejandro Pedrosa, 34, baixo. 32001 Ourense.