Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Martes, 3 de abril de 2012 Páx. 11924

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 23 de marzo de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto e tramitación ordinaria, para a adquisición de ordenadores portátiles para os centros de ensino non universitario dependentes da consellería no marco do Proxecto Abalar (expediente SXSI 02/12).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral de Sistemas Informáticos. Servizo de Xestión Administrativa e de Centros.

c) Número de expediente: SXSI 02/12.

d) Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea (DOUE): 26 de marzo de 2012.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministración.

b) Descrición do obxecto: adquisición dun mínimo de 350 unidades de ordenadores portátiles para os centros de ensino non universitario dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia no marco do Proxecto Abalar. CPV (referencia de nomenclatura): 30213100-6.

c) Lugar de entrega da subministración: almacén da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ou nos distintos centros educativos.

1. Domicilio: polígono industrial de Toedo.

2. Localidade: A Estrada (Pontevedra). Código postal: 36680.

d) Prazo de execución: 60 días desde a sinatura do contrato.

e) Admisión de prórroga: non.

f) Establecemento dun acordo marco: non.

g) CPV (referencia de nomenclatura): 30213100-6.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 211.750 euros. IVE (18%): 38.115 euros. Importe total: 249.865 euros.

5. Garantías.

Provisional: non se exixe. Definitiva: 5% do importe de licitación sen IVE.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación da empresa: non.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Outros requisitos específicos: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Obtención de documentación e información.

7.1. Adquisición de pregos:

a) Teléfono: 981 95 75 22 ou 981 54 44 47.

b) Domicilio: Subdirección Xeral de Sistemas Informáticos. Edificio administrativo San Caetano s/n. 15781 Santiago de Compostela.

c) Así mesmo, poderanse obter os pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da internet: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=17331

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 24 de abril de 2012, ás 15.00 horas.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no punto 5 do prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación:

1.ª Entidade: Rexistro Xeral da Xunta de Galicia ou por correo.

2.ª Domicilio: edificio administrativo San Caetano, s/n.

3.ª Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data e hora: 4 de maio de 2012, ás 10.30 horas.

10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 23 de marzo de 2012.

Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación
e Ordenación Universitaria