1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral de Sistemas Informáticos. Servizo de Xestión Administrativa e de Centros.
c) Número de expediente: SXSI 01/12.
d) Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea (DOUE): 26 de marzo de 2012.
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo: subministración.
b) Descrición do obxecto: adquisición dun mínimo de 12.308 unidades de ordenadores ultra-portátiles (netbooks) para os centros de ensino non universitario dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia no marco do Proxecto Abalar. CPV (referencia de nomenclatura): 30213100-6.
c) Lugar de entrega da subministración: almacén da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ou nos distintos centros educativos.
1. Domicilio: polígono industrial de Toedo.
2. Localidade: A Estrada (Pontevedra). Código postal: 36680.
d) Prazo de execución: 60 días desde a sinatura do contrato.
e) Admisión de prórroga: non.
f) Establecemento dun acordo marco: non.
g) CPV (referencia de nomenclatura): 30213100-6.
3. Tramitación e procedemento.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
4. Orzamento base de licitación.
Importe neto: 3.442.055,28 euros. IVE (18%): 619.569,95 euros. Importe total: 4.061.625,23 euros.
5. Garantías.
Provisional: non se exixe. Definitiva: 5% do importe de licitación sen IVE.
6. Requisitos específicos do contratista.
a) Clasificación da empresa: non.
b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: ver prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Outros requisitos específicos: ver prego de cláusulas administrativas particulares.
7. Obtención de documentación e información.
7.1. Adquisición de pregos:
a) Teléfono: 981 95 75 22 ou 981 54 44 47.
b) Domicilio: Subdirección Xeral de Sistemas Informáticos. Edificio administrativo San Caetano s/n. 15781 Santiago de Compostela.
c) Así mesmo, poderanse obter os pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da internet: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=17330
8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.
a) Data límite de presentación: 24 de abril de 2012, ás 15.00 horas.
b) Documentación que deben presentar: a sinalada no punto 5 do prego de cláusulas administrativas.
c) Lugar de presentación:
1.ª Entidade: Rexistro Xeral da Xunta de Galicia ou por correo.
2.ª Domicilio: edificio administrativo San Caetano, s/n.
3.ª Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
9. Apertura das ofertas.
a) Entidade: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano, s/n.
c) Localidade: Santiago de Compostela.
d) Data e hora: o 4 de maio de 2012, ás 10.00 horas.
10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 23 de marzo de 2012.
Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación
e Ordenación Universitaria