Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Martes, 3 de abril de 2012 Páx. 11909

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 18 de xaneiro de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se somete a información pública a solicitude de reclasificación da explotación de recursos da sección A) denominada Quintá como explotación de recursos da sección C) coa denominación de Canpesa, número 6057.

Para os efectos previstos no artigo 21 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia (DOG n.º 109), sométese a información pública a solicitude de reclasificación da explotación de recursos da sección A), denominada Quintá, como explotación de recursos da sección C) que a seguir se describe:

Solicitante: Canteira do Penedo, S.A. (Canpesa).

Domicilio social: rúa Raíña, 1-3.º, 27001 Lugo.

Denominación: Canpesa.

Número: 6057.

Situación: concello de Baralla.

Cuadrículas mineiras: 6.

Recurso: áridos calcáreos.

A designación do terreo é a seguinte:

Vértice

Lonxitude

Latitude

1

-7° 14’ 20”

42° 53’ 00”

2

-7° 14’ 00”

42° 53’ 00”

3

-7° 14’ 00”

42° 52’ 40”

4

-7° 13’ 40”

42° 52’ 40”

5

-7° 13’ 40”

42° 51’ 40”

6

-7° 14’ 00”

42° 51’ 40”

7

-7° 14’ 00”

42° 52’ 00”

8

-7° 14’ 20”

42° 52’ 00”

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada na rolda da Muralla 70, 27071 Lugo, no prazo de trinta días a partir da última publicación realizada.

Lugo, 18 de xaneiro de 2012.

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo