Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Venres, 30 de marzo de 2012 Páx. 11550

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de corrección de erros (expediente As-7/2012).

Rectifícase o anuncio publicado no Diario Oficial de Galicia do 22 de marzo de 2012, páxina 10131, relativo ao procedemento aberto para a contratación do servizo de vixilancia das instalacións e control de público do Quiosco Alfonso, a Casa da Cultura Salvador de Madariaga e outras salas de exposicións municipais, no sentido de que, no seu punto 7, onde di: «Clasificación: non se exixe», deberá dicir: «7. Clasificación: grupo M, subgrupo 2, categoría b e grupo M, subgrupo 3, categoría a».

Segundo o artigo 75 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos, o prazo de presentación de ofertas será de quince (15) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 26 de marzo de 2012.

Rosa M.ª Gallego Neira
Tenente de alcalde responsable de Facenda e Administración Pública