Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Venres, 30 de marzo de 2012 Páx. 11549

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de corrección de erros (expediente As-48/2011).

Rectifícase o anuncio publicado no Diario Oficial de Galicia do 22 de marzo de 2012, páxina 10130, relativo ao procedemento aberto para a contratación do servizo de vixilancia nocturna da Casa de los Peces, no sentido de que, no seu punto 2, onde di: «Obxecto do contrato: servizo de vixilancia nocturna da Casa de los Peces», deberá dicir: «2. Obxecto do contrato: servizo de vixilancia nocturna dos museos científicos coruñeses: Casa de los Peces Aquarium Finisterrae e Casa do Home, Domus».

Segundo o artigo 75 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos, o prazo de presentación de ofertas será de quince (15) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 26 de marzo de 2012.

P.D.
Rosa M.ª Gallego Neira
Tenente de alcalde Responsable de Facenda e Administración Pública