Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Venres, 30 de marzo de 2012 Páx. 11477

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (266/2011).

Eduardo José Castaño Barreiro, secretario xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fai saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 266/2011, deste xulgado do social, seguido por instancia de José Crespo Fernández contra a empresa Suministros Industriales Prieto Puga, S.L. e Fogasa, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución, co seguinte encabezamento e parte dispositiva:

«Sentenza 172/2012.

Autos 266/2011.

Na cidade da Coruña, 5 de marzo de 2012.

Lara M.ª Munín Sánchez, xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 da Coruña, tras ver estes autos sobre despedimento, extinción de contrato e cantidades, por instancia de José Crespo Fernández, que comparece representado polo letrado Sr. Pousa Meréns, contra a empresa Suministros Industriales Prieto Puga, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, que non comparecen, ditou a seguinte resolución:

Que estimando a demanda interposta por José Crespo Fernández contra a empresa Suministros Industriales Prieto Puga, S.L.:

1. Declárase extinguida a relación laboral con data desta sentenza. E condeno a citada empresa a que lle aboe –salvo erro ou omisión– a cantidade de vinte e oito mil cincocentos trinta e tres euros e oitenta e tres céntimos (28.533,83 euros) como indemnización, e os salarios deixados de percibir desde a data do despedimento ata a desta resolución, na contía de corenta e tres euros e setenta e tres céntimos (43,73 euros), sen prexuízo do desconto do período en que permanecese en incapacidade temporal.

2. Condénase a demandada a que lle aboe a cantidade de catro mil trescentos vinte euros e corenta céntimos (4.320,40 euros), incrementada co xuro por mora do 10% polas diferenzas salariais reclamadas.

Así mesmo, absolvo o Fondo de Garantía Salarial, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese esta sentenza ás partes, e fágaselles saber que non é firme e que contra ela poden interpor recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, anunciándoo mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir do seguinte ao da súa notificación.

De ser recorrente, a empresa demandada deberá acreditar, mediante a exhibición ante este xulgado, o xustificante acreditativo do depósito da cantidade obxecto de condena na conta deste xulgado aberta en Banesto. A consignación en metálico poderase substituír por aseguramento mediante aval bancario, no cal se fará constar a responsabilidade solidaria do avalista. Deberase acreditar, tamén na indicada conta, a consignación da suma de 300 euros preceptiva para recorrer. Sen este cumprimento non se considerará anunciado o recurso.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Suministros Industriales Prieto Puga, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto de comunicación de resolucións que sexan autos ou sentenzas ou cando se trate de emprazamentos.

A Coruña, 8 de marzo de 2012.

Eduardo José Castaño Barreiro
Secretario xudicial