Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Venres, 30 de marzo de 2012 Páx. 11429

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 14 de marzo de 2012 pola que se autoriza o cambio de denominación do Instituto de Educación Secundaria A Carballeira no concello de Ourense.

De conformidade co previsto no artigo 3.1 e 2 do Regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria, aprobado polo Decreto 324/1996, do 26 de xullo (Diario Oficial de Galicia do 9 de agosto), por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DispOÑO:

Autorizar o cambio de denominación específica do seguinte centro:

Provincia: Ourense.

Concello: Ourense.

Código: 32008902.

Denominación anterior: Instituto de Educación Secundaria A Carballeira.

Nova denominación: Instituto de Educación Secundaria A Carballeira - Marcos Valcárcel.

Santiago de Compostela, 14 de marzo de 2012.

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria