Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Venres, 30 de marzo de 2012 Páx. 11507

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 6 de marzo de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se fan públicas dúas procedencias de reintegro de axudas e subvencións ao Programa para a promoción do emprego autónomo, reguladas na Orde do 30 de decembro de 2008 (Diario Oficial de Galicia do 15 de xaneiro de 2009), relativa aos expedientes TR341D 2009/839-2 e TR341D 2009/840-2.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto nos artigos 59.5.º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE n.º 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselle ao interesado o contido da resolución que figuran como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste para interpoñer o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, así como, con anterioridade e con carácter potestativo, poderá interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación, ante esta xefatura territorial, todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lémbraselle tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sitas na rolda da Muralla, 70, baixo, en Lugo, e a obter, se é o caso, copia deste acordo, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Lugo, 6 de marzo de 2012.

Antonio Dacal López
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

N.º de expediente: TR341D 2009/839-2.

Nome: Socorro Picón Sierra.

DNI/NIF: 34279415-P.

Último enderezo coñecido: avda. das Fontiñas, 238, 1.º F, 27002 Lugo.

Feito imputado: non realizar a actividade que fundamentou a concesión da axuda ou subvención durante un tempo mínimo de tres anos.

Precepto infrinxido: artigo 16.a) da Orde do 30 de decembro de 2008, non realizar a actividade que fundamente a concesión da axuda ou subvención durante un tempo mínimo de tres anos.

Contido da resolución: procedencia de reintegro da axuda.

N.º de expediente: TR341D 2009/840-2.

Nome: Socorro Picón Sierra.

DNI/NIF: 34279415-P.

Último enderezo coñecido: avda. das Fontiñas, 238, 1.º F, 27002 Lugo.

Feito imputado: non realizar a actividade que fundamentou a concesión da axuda ou subvención durante un tempo mínimo de tres anos.

Precepto infrinxido: artigo 16.a) da Orde do 30 de decembro de 2008, non relizar a actividade que fundamente a concesión da axuda ou subvención durante un tempo mínimo de tres anos.

Contido da resolución: procedencia de reintegro da axuda.