Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Venres, 30 de marzo de 2012 Páx. 11506

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 5 de marzo de 2012, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador incoado por infracción administrativa na orde social (RL 2011/0308-4).

Intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, mediante esta cédula notifícaselle á empresa que se relaciona a resolución recaída no expediente sancionador correspondente.

Expediente: RL 2011/0308-4.

Acta: I362011000096013.

Empresa: Limpiezas Escuma Branca do Mar, S.L.

NIF: B-706199047.

Enderezo: r/ Monforte, 28 baixo.

Materia: relacións laborais.

Preceptos infrinxidos: artigos 4.2.f) e 29.1 do Estatuto dos traballadores, e artigo 25 do convenio colectivo de limpeza de edificios e locais de Pontevedra.

Preceptos sancionadores: artigos 50.1, 7.10, 39 e 40 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Data resolución: 20.12.2011.

Resolución: multa de 626 €.

Fáiselle saber ao interesado que pode formular recurso de alzada perante o director xeral de Relacións Laborais, no prazo dun mes, contado desde o seguinte día ao da súa publicación, de acordo co previsto no artigo 114 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro. Advírteselle que, de non interpoñelo no tempo e na forma que procedan, deberá aboar a multa imposta mediante a necesaria utilización do impreso que poderá solicitar na Xefatura Territorial de Vigo da Consellería de Traballo e Benestar, no número de conta e na entidade bancaria e prazo que nel se sinala, xa que noutro caso incoarase o procedemento pola vía de constrinximento ante a Consellería de Facenda correspondente.

Vigo, 5 de marzo de 2012.

Carmen Bianchi Valcarce
Xefa territorial de Vigo