Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Venres, 30 de marzo de 2012 Páx. 11494

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Porto do Son (expediente IN407A 129/2010).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e declaración de utilidade pública, en concreto, das instalacións que a continuación se detallan:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171 A Coruña.

Denominación: L.M.T.A-S, C.T.C. urbanización Altos da Silva.

Situación: Porto do Son.

Características técnicas: liña eléctrica de media tensión subterránea, a 20 kV, cunha lonxitude de 580 m, en condutor R.H.Z.1. de 150 mm2 Al, con orixe en paso aero-subterráneo en apoio que se instalará anterior a C.T. Silva e final no C.T. proxectado de 250 kVA, compacto de manobra exterior, en Altos da Silva.

Resultan os seguintes feitos:

Primeiro. Con data do 8 de xuño de 2010, a empresa Unión Fenosa Distribución, S.A. presentou o proxecto L.M.T.A-S, C.T.C. urbanización Altos da Silva.

Segundo. A petición someteuse a información pública mediante o Acordo do 16 de xuño de 2010, da Xefatura Territorial da Coruña, publicado no DOG do 26 de agosto de 2010, no BOP da Coruña do 12 de xullo de 2010 e no xornal El Ideal Gallego do 1 de xullo de 2010, así como no taboleiro de anuncios do Concello de Porto do Son, en aplicación do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se aproba o regulamento de aplicación da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico. Así mesmo, practicouse notificación individual aos afectados.

Terceiro. Dentro do prazo establecido foron presentadas alegacións, das cales se deu traslado a empresa promotora por:

José Ramón Manerio Agraso, propietario do predio n.º 1, e Juan José Tubío Vidal, propietario do predio n.º 2.

Cuarto. Con data do 10 de marzo de 2011, a empresa Unión Fenosa Distribución, S.A. presenta anexo ao proxecto en que se varía o trazado e o cambio do punto de entroncamento, debido aos condicionantes para a instalación dos apoios proxectados, e nova relación de propietarios, bens e dereitos afectados.

Quinto. Polo Acordo do 25 de abril de 2011, a Xefatura Territorial da Coruña somete o anexo a información pública, publicada no DOG do 19 de maio de 2011, no BOP da Coruña do 13 de maio de 2011 e no xornal El Ideal Gallego do 12 de maio de 2011, así como no taboleiro de anuncios do Concello de Porto do Son, en aplicación do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se aproba o regulamento de aplicación da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico. Así mesmo, practicouse notificación individual ao afectado.

Sexto. Dentro do prazo establecido na fase de información pública non se presentaron alegacións.

Fundamentos de dereito.

Primeiro. A Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, no Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma galega en materia de industria, enerxía e minas, e no exercicio das competencias atribuídas polo Real Decreto 1955/2000 e polo Decreto 36/2001, do 25 de xaneiro (DOG do 16 de febreiro).

Segundo. No expediente cumpríronse os trámites que sinala o artigo 53 da citada Lei 54/1997, e os regulamentos ordenados no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, que regula o procedemento de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

Terceiro. Que o trazado da liña de media tensión cumpre co indicado no artigo 57 da Lei 54/1997, do sector eléctrico e o artigo 161 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, de transporte distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

De acordo co que antecede e no exercicio das competencias atribuídas resolve:

Autorizar, aprobar o proxecto de execución e anexo e declarar de utilidade publica, en concreto, as devanditas instalacións, nas cales as características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto e no seu anexo, e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

As instalacións executaranse nun prazo non superior a un ano, contados a partir da data desta resolución.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente a dereito.

A Coruña, 1 de marzo de 2012.

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña