Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Mércores, 28 de marzo de 2012 Páx. 11025

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 5 de marzo de 2012 pola que se notifica o Acordo do Xurado de Expropiación de Galicia do 22 de decembro de 2011 mediante o que se resolve o recurso de reposición do predio número 35 sito en Ortigueira, relativo ao proxecto 00725 (expediente 2009/005487).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), e dado que non foi posible practicar a notificación,

DISPOÑO:

1. Notificar mediante a presente cédula a José Antonio Taibo Rey o Acordo do Xurado de Expropiación de Galicia do 22 de decembro de 2011, mediante o que se resolve o recurso de reposición do predio número 35 sito en Ortigueira, relativo ao proxecto 00725, expediente 2009/005487, cuxos datos se relacionan no anexo.

2. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, a persoa interesada poderá interpor recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. O texto íntegro do acordo referido na presente cédula está á disposición do interesado nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo no edificio administrativo de San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela.

3. En consecuencia, para que conste e sirva de notificación, expido, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 5 de marzo de 2012.

Juan Carlos Argüello Fernández
Presidente do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto para o que se expropia: 00725-L.A.T. 132 kV sub. parque eólico Monte Rande a apoio n.º 4 L.A.T. 132 kV Sub. Coriscada I - Sub. Coriscada II. Exp. 05/246. TM Ortigueira.

Nº. de expediente: 2009/005487.

Persoa para notificar: José Antonio Taibo Rey.

Expropiante: Consellería de Innovación e Industria. Delegación Provincial da Coruña.

Expropiado: Norfor.

Beneficiaria: Promotora Eólica de Galicia, S.L.

Predio n.º: 35.

Concello: Ortigueira.

Provincia: A Coruña.

Valoración resolución do Xurado: 7.260,49 €.