Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Martes, 27 de marzo de 2012 Páx. 10759

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (5570/11 IP).

Francisco Javier Gamero López-Peláez, secretario xudicial da Sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento recurso de suplicación 0005570/2011 desta sección, seguido por instancia da Universidade de Santiago de Compostela, Fundación USC Deportiva contra a empresa Fogasa, Club Deportivo Universidade de Santiago de Compostela, María Teresa Vázquez Enríquez sobre despedimento disciplinario, se ditou a seguinte resolución:

«Decidimos que desestimando o recurso interposto pola Fundación USC Deportiva e estimando parcialmente o recurso de suplicación interposto pola Universidade de Santiago de Compostela contra a sentenza do 25 de maio de 2011 ditada polo Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela en autos 1444/2010, seguidos por instancia de María Teresa Vázquez Enríquez contra as recorrentes e contra o Club Deportivo Universidade de Santiago e Fogasa sobre despedimento, debemos de revogar esta exclusivamente no que se refire á fixación de indemnización por despedimento improcedente, que se fixa en 7.462,84 euros confirmando no resto dos seus pronunciamentos a resolución recorrida.

Condénase á recorrente Fundación USC Deportiva ao aboamento das custas procesuais causadas, con inclusión dos honorarios da Graduado Social impugnante do referido recurso na cantidade de 300 euros.

Déase aos depósitos e consignacións o destino legal oportuno.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que, contra esta, só cabe recurso de casación para a unificación da doutrina que se preparará por escrito perante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto a Lei de xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no Banco Banesto, n.º 1552 0000 80 (n.º recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala n.º 1552 0000 37 (n.º recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia no rolo que se arquivará neste tribunal incorporándose o orixinal ao correspondente Libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación a Club Deportivo da Universidade de Santiago de Compostela.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

A Coruña, 6 de marzo de 2012.

O secretario xudicial