En sesión que tivo lugar o día 12 de marzo de 2012, o tribunal nomeado pola Orde do 10 de maio de 2011 para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas,
ACORDOU:
Primeiro. Rexeitar as reclamacións presentadas contra as puntuacións do terceiro exercicio da fase de oposición, publicadas pola Resolución do 8 de febreiro de 2012 (DOG n.º 33, do 16 de febreiro; corrección de erros do DOG n.º 46, do 6 de marzo).
Segundo. Contra este acordo poderase interpor recurso de alzada ante a Consellería de Facenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, conforme o establecido nos artigos 114 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2012.
Eva María García Pérez
Presidenta do tribunal