Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Luns, 26 de marzo de 2012 Páx. 10497

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1242/2010).

Marta Yanguas del Valle, secretaria de reforzo do Xulgado do Social número 4 da Coruña, fago saber que nos autos rexistrados co número 1242/2009 se ditou a resolución cuxo encabezamento e resolución é o seguinte:

«Sentenza.

A Coruña, 29 de febreiro de 2012.

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, en funcións de reforzo, ditou esta resolución nos autos de procedemento sobre reclamación de cantidade 1242/2009, sendo demandante José Santiso Otero, representado polo letrado Sr. Páramo Sureda, e demandada a empresa San Andrés 166, S.L., despois de ser citado, do mesmo xeito, o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa).

Dispoño que debo estimar e estimo a demanda interposta por José Santiso Otero contra San Andrés 166, S.L., e, en consecuencia, condeno esta última a aboarlle a José Santiso Otero a cantidade de 550,26 euros que lle debe, cantidade esta que deberá incrementarse co xuro de mora do 10%.

Non procede a condena do Fondo de Garantía Salarial nesta instancia, sen prexuízo da responsabilidade que se lle poida imputar con posterioridade.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes.

Contra esta resolución non cabe interpoñer recurso ningún.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que sirva de notificación a San Andrés 166, S.L., expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 5 de marzo de 2012.

A secretaria xudicial