Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Luns, 26 de marzo de 2012 Páx. 10277

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Sanidade

ORDE do 12 de marzo de 2012 pola que se designan os membros do comité clínico a que se refiren os artigos 15 e 16 da Lei orgánica 2/2010, do 3 de marzo.

A Lei orgánica 2/2010, de saúde sexual e reprodutiva e da interrupción voluntaria do embarazo, establece que, con carácter excepcional, se poderá interromper o embarazo por causas médicas cando se detecten anomalías fetais incompatibles coa vida e así conste nun ditame emitido con anterioridade por un facultativo especialista, distinto do que practique a intervención, ou cando se detecte no feto unha enfermidade extremadamente grave e incurable no momento do seu diagnóstico e así o confirme un comité clínico formado por un equipo pluridisciplinar no cal se integren dous médicos especialistas en xinecoloxía ou obstetricia ou expertos en diagnóstico prenatal e pediatría.

De conformidade co establecido no artigo 16 da Lei orgánica 2/2010, en cada comunidade autónoma haberá cando menos un comité clínico nun centro da rede sanitaria pública. A designación dos seus membros será realizada polas autoridades sanitarias e deberá facerse pública no diario oficial da comunidade autónoma, para un período non inferior a un ano.

Transcorrido o dito prazo desde a designación realizada na Orde do 2 de xullo de 2010, cómpre proceder á súa renovación, entendendo necesario aumentar o número de profesionais suplentes para garantir dispoñibilidade de membros en todo momento.

En consecuencia, en virtude das facultades que me confire o artigo 38 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, reformada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro,

DISPOÑO:

Artigo 1.

Nomear membros titulares do comité clínico as seguintes persoas:

– María Guadalupe Alfonsín Somoza, facultativa especialista en xinecoloxía e obstetricia.

– José Luis Doval Conde, facultativo especialista en xinecoloxía e obstetricia.

– Raquel Martínez Lorenzo, facultativa especialista en pediatría.

Artigo 2.

Nomear membros suplentes do comité clínico as seguintes persoas:

– Eloy Moral Santamaría, facultativo especialista en xinecoloxía e obstetricia.

– José Ramón Pérez Iglesias, facultativo especialista en xinecoloxía e obstetricia.

– Antonio Castro López, facultativo especialista en xinecoloxía e obstetricia.

– Antonio Rodríguez Núñez, facultativo especialista en pediatría.

– Arturo Fuentes Varela, facultativo especialista en pediatría.

– Juan Sánchez Lastres, facultativo especialista en pediatría.

Artigo 3.

A designación dos membros titulares e suplentes do comité clínico establécese para un prazo de dous anos.

Disposición derrogatoria.

Queda derrogada a Orde do 2 de xullo de 2010 pola que se designan os membros do comité clínico a que se refiren os artigos 15 e 16 da Lei orgánica 2/2010, do 3 de marzo, publicada no Diario Oficial de Galicia do 5 de xullo de 2010.

Disposición derradeira.

A presente orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2012.

Rocío Mosquera Álvarez
Conselleira de Sanidade