Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Venres, 23 de marzo de 2012 Páx. 10229

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

CÉDULA do 8 de marzo de 2012, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica o acordo de incoación de expediente de caducidade do permiso de investigación Camba, número 4883, titularidade de Luís Couto Cotado.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada parcialmente pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselle a Luís Couto Cotado, con último enderezo coñecido na rúa Abdón Blanco, 11-4.º A, 32300 O Barco de Valdeorras (Ourense), como titular, o acordo de incoación de expediente de caducidade do permiso de investigación Camba, n.º 4883, pola causa prevista no artigo 108 c) do Regulamento xeral para o réxime da minaría do 25 de agosto de 1978, «por expiraren os prazos polos que foron outorgados ou, se é o caso, as prórrogas concedidas», xa que, intentada polos medios legalmente establecidos, non se puido efectuar.

Os interesados disporán dun prazo de quince días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, para formularen as alegacións e presentaren os documentos e xustificacións que consideren oportunos na súa defensa, de conformidade co establecido no artigo 84 da citada Lei 30/1992. No suposto de non efectuaren alegacións no prazo indicado, o acordo de incoación de expediente de caducidade considerarase como proposta de resolución.

Ourense, 8 de marzo de 2012.

Gabriel Diéguez Domínguez
Xefe territorial de Ourense