Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Venres, 23 de marzo de 2012 Páx. 10228

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 2 de marzo de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Redondela (expediente IN407A 2012/42-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Enderezo social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.S. avda. da Estación.

Situación: Redondela.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 15 kV con condutor R.H.Z. de 103 metros de lonxitude, con orixe no tramo red 7110014, entre a subestación de Redondela e o tramo rede 71110019, e final no tramo rede 71110019 unha vez entre e saia do C.S. proxectado. Centro de seccionamento, con celas prefabricadas baixo envolvente metálica con corte en atmosfera de SF6, situado na avda. da Estación, Redondela.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, edificio administrativo avda. Fernández Ladreda 43, 5.º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 2 de marzo de 2012.

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra