Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Venres, 23 de marzo de 2012 Páx. 10225

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 28 de febreiro de 2012, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Vilar de Barrio (expediente IN407A 2011/98-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle.

Denominación: recuamento L.M.T. Meamán.

Situación: Vilar de Barrio.

Características técnicas:

L.M.T. Vixueses-7 aerosubterránea a 20 kV de 85 m en aéreo, condutor LA-110 e 150 m en subterráneo con condutor R.H.Z.-1 e con orixe no apoio 2 da L.M.T. Vixueses-7 ao C.T. As Maus (32A599) e remate no apoio 4 de L.M.T. Vixueses-7 ao C.T. As Maus (32A599).

L.M.T. ao C.T. Porto aerosubterránea a 20 kV de 95 m en aéreo, condutor LA-56 e 100 m en subterráneo con condutor R.H.Z.1, con orixe e remate na L.M.T. existente ao C.T. Porto (32AW51).

Orzamento: 49.760,68 euros.

En cumprimento dos trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra esta resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que considere pertinente.

Ourense, 28 de febreiro de 2012.

Gabriel Diéguez Domínguez
Xefe territorial de Ourense