Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Venres, 23 de marzo de 2012 Páx. 10217

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 2012, do Servizo de Mobilidade da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se someten a información pública varios expedientes de regularización de concesión de servizo público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada.

Ao abeiro do establecido na Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres, e no seu regulamento de execución, aprobado polo Real decreto 1211/1990, do 28 de setembro, iniciáronse expedientes de regularización da seguinte concesión:

– V-7050; XG-424 Ferrol-Fene-Filgueiras, con anexos de Autocares Capela, S.L.

– V-7053; XG-427 A Graña-Neda, con anexos de Tranvías del Ferrol, S.A.

– V-7041; XG-415 Ferrol-Cedeira, con anexos de Rías Altas, S.A.

Os interesados ou afectados nos expedientes poderán comparecer no procedemento e, despois do exame da documentación pertinente no Servizo de Mobilidade da Coruña (rúa Alcalde Pérez Arda, 4) efectuar as alegacións que consideren oportunas no prazo de quince días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 1 de marzo de 2012.

César Concheiro Ceide
Xefe do Servizo de Mobilidade da Coruña