Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Venres, 23 de marzo de 2012 Páx. 10181

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 15 de marzo de 2012, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo auxiliar da Xunta de Galicia, subgrupo C2, pola que se fan públicos diversos acordos.

En sesión que tivo lugar o día 15 de marzo de 2012, o tribunal nomeado pola Orde do 16 de novembro de 2011 (DOG número 221, do 18 de novembro) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo auxiliar da Xunta de Galicia, subgrupo C2, convocado pola Orde do 21 de xullo de 2011 (DOG número 142, do 26 de xullo), e de conformidade co disposto nas bases da convocatoria, adoptou os seguintes acordos:

Primeiro. Desestimar na súa totalidade as reclamacións e alegacións presentadas.

Segundo. De conformidade co disposto na base III.13 da convocatoria, contra este acordo poderase interpor recurso de alzada nos termos previstos nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Terceiro. De acordo co establecido nas bases II.1.1.2 e II.1.2.7 da orde de convocatoria, superaron o segundo exercicio polo sistema de acceso xeral os/as aspirantes que obtiveron unha puntuación mínima de cinco (5) puntos, fixándose en trece (13) o número de respostas correctas e unha vez feitas as deducións previstas na citada base II.1.1.2.

Cuarto. Para a cota específica da base I.1.1, acceso reservado a persoas con discapacidade, e de acordo co establecido nas bases II.1.1.2 e II.1.2.7 da orde de convocatoria, superaron o segundo exercicio os/as aspirantes que obtiveron unha puntuación mínima de cinco (5) puntos, fixándose en dez (10) o número de respostas correctas e unha vez feitas as deducións previstas na citada base II.1.1.2.

Quinto. Realizar os trámites oportunos para publicar as puntuacións obtidas polos/as aspirantes que se presentaron no segundo exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo auxiliar da Xunta de Galicia, subgrupo C2, no lugar onde se realizou o exercicio, no taboleiro de anuncios do Servizo de Información e Atención ao Cidadán da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e na páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es).

Sexto. Que, de acordo co disposto na base II.1.2.8 da orden de convocatoria, os/as aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas en relación coas puntuacións no prazo de 10 días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de marzo de 2012.

Alfonso Blasco García
Presidente do tribunal